Tarefa 4.- Obsolescencia Programada
OBSOLESCENCIA PROGRAMADA
Miguel Pena Yáñez 1º BAC B
Que é a obsolescencia programada?
A obsolescencia programada (tamén chamada obsolescencia planificada) é unha práctica empresarial consistente na determinación, planificación ou programación da fin da vida útil dun produto ou servizo de modo que se volva obsoleto, non funcional, inútil ou inservible tras un período de tempo calculado de antemán.
Que produtos se ven afectados por ela?
O modelo de obsolescencia planificada aplícase desde hai décadas a multitude de produtos de consumo. Os automóbiles son un claro exemplo, pero tamén a electrónica, desde ordenadores, televisores ou teléfonos móbiles ata electrodomésticos —lavadoras, lavalouzas, microondas, etc.— ou software. A moda, sendo a industria téxtil unha das máis contaminantes, tamén entra nesta roda, así como os xoguetes ou mesmo os mobles.
Que causas provocan a obsolescencia?
Entre as causas que provocan este estado de obsolescencia nos produtos, cabe destacar as seguintes:
Innovación .
Investigación e desenvolvemento .
Caducidade.
Esgotamento da vida útil .
Incompatibilidades con novos produtos.
Descontinuación.
Ausencia de recambios.
Tipos de obsolescencia
Obsolescencia planificada ou programada : a obsolescencia programada é a programación da vida útil dun produto, para que o produto se converta inútil nun periodo de tempo determinado previamente. Tamén pódense limitar por número de usos, por exemplo, unha impresora que despois de imprimir dez mil copias deixe de funcionar.
Obsolescencia percibida :defínese como aquela necesidade que concibe o consumidor ou comprador polo seu propio desexo, por querer estar co máis actual. Este tipo de obsolescencia é moi común na industria da moda e dos complementos.
Obsolescencia especulativa :é a que fai aquela empresa que lanza un produto, pero que co tempo vai añadendo mexoras para promover su venta. Desta forma, a empresa vai incentivando a venta do produto co paso do tempo, en función dos añadidos e as modificacions que fan ao produto.
Opinión
Na miña opinión, creo que a obsolescencia programada é unha práctica comercial cada vez máis habitual nas empresas e ten a súa razón de ser xa que se utiliza para manter un nivel constante de vendas por parte das devanditas empresas.
Pola contra, hai empresas que non utilizan esta práctica e optan por un produto duradeiro. Gran parte dos produtos que compramos hoxe están feitos para deixar de funcionar despois dun tempo determinado. É certo que a obsolescencia planificada é diferente para uns produtos e outros. En definitiva, creo que coa obsolescencia programada non se aproveitan ao máximo os recursos dispoñibles e, polo tanto, desperdician recursos.
Webgrafía
Wikipedia
Iberdrola
ecoinventos
areatecnologia
Comentarios
Publicar un comentario